"Para progresar non basta con actuar, hai que saber en qué sentido actuar."
Gustavo Le Bon
"O espírito de grupo é o que lle da a moitas empresas unha vantaxe sobre os seus competidores."
George L. Clementes
Segundo a nosa experiencia no deporte, introducimos un paralelismo entre os equipos de alto rendemento deportivo e os equipos altamente cualificados das empresas. En ambos alcanzar a meta depende da motivación dos líderes e o compromiso cos obxectivos e intereses comúns, a complementariedade de funcións, a definición clara de tarefas, o feedback e a avaliación dos resultados, ademáis do perfeccionamento das competencias das persoas involucradas.
Neste sentido facilitamos procesos de desenvolvemento de equipos concretos e axustados a realidades específicas capaces de proporcionar un mellor funcionamento en equipo e do seu impacto na organización.
Xestionamos formación de apoio a executivos para desenvolver con maior eficacia o seu liderazgo e xestión de equipos así como a mellora da comunicación e as relacións interpersonais.