Amallós, psicoloxía do deporte

"Non se pode desatar un nó sen saber como está feito."
Aristóteles

Ámbito

Traballamos para desenvolver competencias, actitudes e comportamentos destinados á mellora do rendemento no eido deportivo, sexa individualmente ou en equipos.

Introducimos ferramentas para acadar un maior grado de motivación, confianza, concentración e autocontrol emocional naqueles que buscan mellorar o seu rendemento e benestar.

Nos deportes de equipo preténdese mellorar os procesos de grupo, comunicación e liderazgo, así como a eficacia do traballo en equipo, co obxectivo de que o todo sexa máis que a suma das partes.

Construimos un proceso de mellora e superación en dirección á excelencia desexada no que é fundamental propiciar un entorno que facilite as condicións para unha práctica deportiva positiva e saudable.

Baseámonos nunha metodoloxía de avaliación dos recursos personais existentes para asesorar, adestrar ou formar de xeito concreto e personalizado.

Copyright © amallós consultaría. Tódolos dereitos reservados. contactar | texto legal | accesibilidade