Amallós, psicoloxía do deporte

"A preparación psicolóxica precisa para acadar un rendemento óptimo; ao igual cós amallós dunhas deportivas: Nin frouxos nin apertados."

Inicio

Amallós é unha consultora na área de desenvolvemento de competencias de persoas e equipos. Nace co apoio do programa Empresa-Concepto, un programa impulsado polas Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela e o Consello Superior de investigacións Científicas.

O noso compromiso é ofrecer un servizo de alta calidade baseado na Especialización, na formación cualificada e na experiencia do noso equipo profesional.

A nosa visión é a atención personalizada e próxima dos nosos clientes e deportistas para optimizalo seu rendemento e acadar a súa satisfacción.


Equipo de traballo

O equipo de traballo está composto por licenciados en Psicoloxía e Especialistas en Psicoloxía do Deporte e a Actividade Física que acadaron a Suficiencia Investigadora na Universidade de Santiago de Compostela e realizaron o I Máster Preparación Psicolóxica para o Deporte e Actividade Física da USC. Son membros de:

  • Asociación Galega de Especialistas en Psicoloxía do Deporte
  • Comisión de Psicoloxía do Deporte do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia
  • Federación Española de Psicoloxía do Deporte
  • European Network of Young Specialists in Sport Psychology (ENYSSP)
Copyright © amallós consultaría. Tódolos dereitos reservados. contactar | texto legal | accesibilidade